|
|
|
 |
|
Home |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
NOVO DISCO "AO NOSO XEITO"

Breve historia Da Banda Da Balbina:
Alá polo Maio do ano 2008 naceu a Estomballada, e con ela A Banda Da Balbina. Esta canción acadou unha ampla difusión na radio e TVG, e noutras canles, formando parte tamén do repertorio das orquestras galegas. Un ano máis tarde a Balbina pareu O Fillo Do Mar, e con el chegou o primeiro premio da Radio Galega do programa Apologhit. Co empuxón de este premio o grupo comeza a súa andanza polas festas-concertos de toda galicia, levando sempre boa música en galego e moita festa.
As nósas creacións seguen mantendo uns ritmos festeiros e unha retranca propia do país.
Se hai algo que nos define é que cantamos e contamos historias, historias que son nósas e comúns nas catro provincias da Galiza. Dende os nosos inicios mantemos unha proposta que mestura ritmo e melodía ca musicalidade da lingua galega.
Este ano que deixamos atrás (2016), foi un ano cheo de novas. Acadamos o premio mais prestixioso da música galega, "Martín Codax", e tamén o primeiro premio da Rtvg do programa "Somos Quen". Ademáis de todo isto, andamos metidos de cheo na presentación do novo disco "Convertindo cuncas en ferrados", o cal esperamos que vos preste, e que veñades a escoitalo en directo ca Banda Da Balbina.
Información de contacto: TLF: 655700626
 |
|
|
|
|
|
|
 |
|
A BANDA DA BALBINA |
|
|
|
|
Hoy habia 12 visitantes (14 clics a subpáginas) ¡Aqui en esta página! |